Jordi Pujol é dado de alta tras recuperarse dunha arritmia

O expresident da Generalitat fora hospitalizado este xoves
Jordi Pujol. MARISCAL (EFE)
photo_camera Jordi Pujol. MARISCAL (EFE)

O expresidente da Generalitat de Cataluña Jordi Pujol, que este xoves tivo que ser hospitalizado a consecuencia dunha arritmia cardíaca, foi dado de alta este venres tras recuperarse favorablemente da afección. 

Segundo informou nun conciso comunicado o centro sanitario, Jordi Pujol ingresou no Hospital de Barcelona "por unha arritmia cardíaca da que se recuperou de forma favorable". 

Durante o seu ingreso, Pujol, que o pasado 9 de xuño cumpriu 91 anos, foi sometido a diferentes probas médicas, entre elas electrocardiogramas, sen que se vise que o seu estado revestise gravidade, aínda que permaneceu hospitalizado pola súa avanzada idade. 

Pujol, que foi un dos fundadores de Convergència Democràtica de Catalunya e que presidiu a Generalitat entre 1980 e 2003, tivo que estar confinado en xaneiro pasado, igual que a súa muller, Marta Ferrusola, tras dar positivo por coronavirus.
 

Comentarios