O director de Sanidade en Aragón rompe a chorar nunha rolda de prensa sobre o coronavirus

Pilar Ventura, conselleira do sistema sanitario, continuou coa comparecencia
Javier Marión, emocionado. TWITTER
photo_camera Javier Marión, emocionado. TWITTER

O coronavirus está a levar ao límite tanto aos cidadáns como ás autoridades españolas. Javier Marión, director de Sanidade en Aragón, protagonizou un  momento sensible este mércores a causa do COVID-19.

Nunha rolda de prensa xunto a Pilar Ventura, conselleira de Sanidade, tras a comisión de coordinación e seguimento do coronavirus constituída polo Goberno de Aragón, Marión emocionouse.

O director da Sanidade aragonesa rompeu a chorar e a súa compañeira tivo que seguir coa comparecencia.

Comentarios