Investigan unha pancarta de apoio ao Prenda dos ultras do Sevilla FC

Nela, mostrada no Sadar, aparecía a palabra Gordo, un dos alcumes dun dos detidos pola violación grupal nos Sanfermíns
Pancarta en El Sadar en la que supuestamente se apoya al Prenda
photo_camera Pancarta en El Sadar en la que supuestamente se apoya al Prenda

A Policía Nacional vai remitir un informe á Comisión Antiviolencia para dar conta da exhibición dunha pancarta por parte de afeccionados ultra do Sevilla no estadio O Sadar na que aparecía a palabra Gordo, que podería facer referencia ao alcume do Prenda, un dos detidos nos pasados Sanfermíns pola súa presunta participación nunha violación grupal.

A Delegación do Goberno en Navarra informou de que a Policía elaborará un informe en relación con esta pancarta e será Antiviolencia a que examine os feitos e propoña unha sanción á autoridade competente. A exhibición da pancarta produciuse durante o partido que disputaron este domingo en Pamplona Osasuna e o Sevilla.

Os Biris, nun comunicado, aseguran que non asistiron ao partido e piden que se respecte "a presunción de inocencia" para quen non foi condenado.

Comentarios