Iglesias e Echenique chancean en Twitter sobre a reorganización de Podemos

O secretario xeral ironiza sobre a "purga" do ata agora secretario de Organización cunha imaxe na que Heidi o tira por un barranco 

O relevo de Pablo Echenique da secretaría de Organización de Podemos ten o seu propio relato con diálogos dos principais protagonistas en Twitter, un espazo no que intentaron quitar ferro ao asunto. Apenas unhas horas despois de que saltase a noticia, e con ela as análises do movemento —e da situación da organización morada tras os severos retrocesos das últimas eleccións—, o seu secretario xeral, Pablo Iglesias, chanceaba este mércores na rede social sobre a reestruturación.

Facíao cunha imaxe de Heidi tirando a Echenique por un precipicio cunha cadeira de rodas. Unha broma que, por certo, non gustou a todo o mundo.

E, nesa liña, Echenique non tardou en responder, na mesma rede e tono:

"Ala. Xa lle volviches a estragar a festa matutina aos podemólogos nos faladoiros", di a Iglesias. Con risas.

A cúpula de Podemos asegura que Echenique seguirá desempeñando funcións moi importantes á fronte da comisión de seguimento de pactos de goberno. A decisión anúnciase en vésperas do Consello Cidadán Estatal do sábado e no medio do cuestionamiento do liderado de Iglesias.

Comentarios