A hostalería verá caer a súa facturación en 67.000 millóns de euros en 2020

Estas son as previsións que manexa a patronal do sector
Un camarero monta una terraza en una calle de Santiago de Compostela. LAVANDEIRA JR (EFE)
photo_camera Un camareiro monta unha terraza nunha rúa de Santiago de Compostela. LAVANDEIRA JR (EFE)

A hostalería pechará 2020 cunha caída da súa facturación do 50%, o que equivale a uns 67.000 millóns de euros menos, ao que se sumará o peche de case un terzo dos locais (entre 85.000 e 100.000) e a destrución dunha cuarta parte do emprego (uns 400.000 postos de traballo).

Estas son as previsións que manexa a patronal do sector, cuxos responsables consideraron este martes que o Goberno mostra unha total "falta de empatía e respecto" ao seguir sen aprobar axudas directas pese ao severo impacto da pandemia de coronavirus e acusaron ás administracións autonómicas de restrinxir a súa actividade de forma arbitraria.

Así o sinalou o presidente de Hostalería de España, José Luís Yzuel, durante a súa intervención na presentación do anuario do sector correspondente ao 2019, cando o volume de ingresos xerado por bares, restaurantes e aloxamentos turísticos superou os 129.000 millóns de euros, un 4,7 % máis que un ano antes. 

Comentarios