Golpean unha muller que portaba unha bandeira española en Tarragona

A agredida dirixíase aos manifestantes dicindo: "Estades a pisar chan español"
Unha muller que exhibía unha bandeira española foi golpeada por un manifestante que participaba nunha mobilización en Tarragona en protesta polas condenas aos líderes independentistas xulgados polo Tribunal Supremo.

A muller irrompeu na manifestación independentista polas rúas de Tarragona, exhibindo unha bandeira española e dirixíndose aos manifestantes: "Estades a pisar chan español".

Nas imaxes, difundidas pola Sexta e das que se fixeron eco en Twitter a líder de Cs en Cataluña, Lorena Roldán, e o presidente do PPC, Alejandro Fernández, apréciase como un mozo independentista arrebata a bandeira española á muller e agrídea co seu brazo dereito, de tal modo que queda tendida no chan.