O Goberno nomea a Verónica Martínez Barbero nova directora xeral de Traballo 

Era a presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais
Verónica Martínez Barbero. ARCHIVOJPG
photo_camera Verónica Martínez Barbeiro. ARQUIVO

O Consello de Ministros aprobou este martes o nomeamento de Verónica Martínez Barbero, asturiana fincada en Baionacomo nova directora xeral de Traballo, segundo informaron a Europa Press fontes do Ministerio de Traballo e Economía Social. 

Licenciada en Dereito pola Universidade de Oviedo e inspectora de Traballo en excedencia, Martínez Barbero especializouse en varias materias que son competencia da Inspección, entre elas a discriminación e igualdade no ámbito laboral, modalidades de contratación e negociación e mediación. 

De feito, desde 2017 ata a actualidade exerceu como presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais e desde 2008 actuou como mediadora e árbitra do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo (AGA). 

Así mesmo, entre outras ocupacións, exerceu como profesora na Escola de Relacións Laborais da Coruña (Erla) e ata agora dirixía a Revista Galega de Dereito Social.

Comentarios