O gasto en pensións rexistra a primeira caída mensual polo coronavirus

No caso das baixas influíu que a mortaldade pola Covid-19 afectou en maior medida ao colectivo de maior idade
Concentración de pensionistas en Viveiro. C.L.F.
photo_camera Concentración de pensionistas en Viveiro. C.L.F.

A nómina das pensións contributivas da Seguridade Social ascendeu a 9.852,78 millóns de euros a 1 de maio, o que supón unha caída mensual do 0,27 %, o primeiro retroceso da serie, debido ao descenso do número de altas e ao incremento das baixas polos efectos do coronavirus.

De acordo cos datos publicados este martes polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, o sistema contaba a 1 de maio cun total de 9.754.137 pensións contributivas, 38.508 menos que o mes anterior.

No caso da baixas influíu que a mortaldade pola Covid-19 afectou en maior medida ao colectivo de maior idade, mentres que no descenso das novas altas foino polo peche das oficinas que levou a moitas persoas a atrasar o trámite de incorporación ao sistema. 

Comentarios