Garzón busca ao islamita que introduciu Al Qaeda en España

O xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón dirixiuse a Estados Unidos para preguntarlle se os seus servizos secretos de seguridade - a CIA en concreto- manteñen detido ao suposto xefe de Al Qaeda Mustafá Setmarian, cidadán sirio nacionalizado español.

Segundo informa a Cadena Ser, Setmarian leva desaparecido desde novembro de 2005, cando foi supostamente apresado polos servizos secretos norteamericanos. Desde entón nada se sabe do seu paradoiro.

A pretensión de Garzón é que EEUU extradite a Setmarian a España para que sexa xulgado aquí, como responsable da creación da primeira célula islamita en territorio nacional.

En paradoiro descoñecido
Mustafá Setmarian está desaparecido desde que fose presuntamente detido pola CIA en Paquistán, en novembro de 2005, no marco das operacións contra o terrorismo islamita de Al Qaeda desenvolvidas pola Administración Bush.

Neste suposto, fontes xurídicas apuntan a que podería tratarse dun caso de desaparición legal, pero irregular porque non hai constancia de onde se atopa.

Así as cousas, Baltasar Garzón decididu preguntar polo seu paradoiro á Interpol e a varios países, entre eles EEUU, para reclamar a súa extradición a España. Setmarian está implicado no caso da 'operación Dátil', a primeira célula islamita asentada en territorio nacional e que foi desarticulada en 2001

Comentarios