A galega Pilar Cancela será a nova secretaria de Estado de Migracións

É un cargo dependente do Ministerio de Inclusión, que dirixe Elma Saiz
Pilar Cancela. AEP
photo_camera Pilar Cancela. AEP

A ata agora secretaria de Estado de Cooperación Internacional, a socialista galega Pilar Cancela<>, pasará a ocupar o cargo secretaria de Estado de Migracións dependente do Ministerio de Inclusión, que dirixe Elma Saiz.

Fontes socialistas consultadas por Europa Press confirmaron a información avanzada por eldiario.es e que a que fose presidenta da xestora do PSDEG tras a dimisión no seu día do José Ramón Gómez Besteiro como secretario xeral -previamente foi a súa secretaria de Organización- porase á fronte de Migracións nesta nova etapa do Goberno que dirixe Pedro Sánchez.

Pilar Cancela (Stuttgart, 1967) é licenciada en Dereito e ten título superior de Prevención de Riscos Laborais. Exerceu como mediadora e foi directora Xeneral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia (2002-2003 e 2005-2009). é funcionaria do Corpo Superior da Administración Xeral da Xunta de Galicia desde 1993.

Comentarios