Feijóo: "O PSOE pode dar marcha atrás ou apartar a Sánchez. O PP facilitaríalle gobernar"

Afirma que ningún presidente dunha comunidade autónoma pode calar ante o pacto de PSOE e ERC: "Negóciase un cambio de modelo" 
 
Núñez Feijóo. PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera Núñez Feijóo. PEPE FERRÍN (AGN)

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, suxeriu este martes que o PSOE podería "apartar" a Pedro Sánchez ou dar marcha atrás no seu preacordo para gobernar con Podemos, dando a entender unha vez máis que así podería contar co PP, que lle facilitaría gobernar, xa que lle ofrecería "pactos de Estado" e acordos "constitucionalistas".  O tamén líder do PP galego asegurou, así mesmo, este martes que ningún presidente de comunidade autónoma pode "calar" ante as negociacións do PSOE e ERC para a investidura, sinalando que se aproveita unha investidura para realizar un cambio de modelo" en España. 

"Neste momento ningún presidente de comunidade autónoma pode estar calado, decídese o futuro de todos. Aprovéitanse uns apoios de investidura para un cambio de modelo. Rompen 40 anos de Constitución e Pedro Sánchez abre un novo período constituínte", afirmou o dirixente da Xunta nunha entrevista en Telecinco. 

Non hai antecedentes en ningún país da UE no que se estea discutindo a súa integridade

Ao seu xuízo, este pacto incumbe a todos e cambia o status quo das comunidades. E é que, ao seu modo de ver, se se culmina o acordo con ERC, Sánchez dependerá de forzas como JxCat e Bildu, ademais de Esquerra para sacar adiante as votacións, o que considera un novo período na política española. Ante isto, Feijóo recalca que os líderes autonómicos téñense que plantar e asegurou que xa conversou sobre isto con dirixentes socialistas, aínda que evitou concretar con quen. Iso si, subliñou que o "currículo e discurso" dalgúns destes presidentes é "incompatible" co que fai Sánchez.

APARTAR A SÁNCHEZ. Feijóo ve insólito este escenario e sinala que sería impensable en tempos de Felipe "González, José María Aznar e Mariano Rajoy". E suxeriu que cabe a posibilidade de que, para frear o pacto, os socialistas aparten a Sánchez, como recorda que xa fixeron en 2016, ou que "desande" o camiño andado con Podemos e ERC.  "Non hai antecedentes en ningún país da UE no que se estea discutindo a súa integridade. Isto non cabe na cabeza de ningún chanceler de Alemaña ou presidente de Francia", sinalou.

Afirma que no PP hai "unanimidade" respecto diso de ofrecer pactos constitucionalistas ao PSOE. "Se nos chama, imos estar á súa disposición"

INSISTE EN QUE O PSOE DÉ MARCHA ATRÁS. Neste sentido, reclamou ao PSOE que dea marcha atrás no seu preacordo con Podemos que require a participación de forzas e independentistas e recordou que o PP estará para "pactos de Estado" e "acordos constitucionalistas". Feijóo reiterou que no PP hai "unanimidade" respecto diso de ofrecer pactos constitucionalistas ao PSOE. "Se nos chama, imos estar á súa disposición", resolveu.

¿REPETIRÁ COMO CANDIDATO?. En canto a se repetirá "ou non" como candidato á Xunta, optou por manter a incógnita e remitiuse ao primeiro trimestre do ano que vén.

Comentarios