Feijóo mostra o seu apoio "á democracia, a Constitución e en consecuencia a Felipe VI"

O presidente da Xunta dá a súa opinión tras o polémico acto da entrega de despachos
Felipe VI y Alberto Núñez Feijóo. EFE
photo_camera Felipe VIN e Alberto Núñez Feijóo. EFE

O presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, terciou este sábado na controversia xerada pola ausencia do monarca español na entrega en Barcelona de despachos da última promoción de xuíces e proclamou o seu apoio "á democracia, a Constitución e en consecuencia a Felipe VI". 

"Un xuíz grita Viva o Rei e un ministro di que se pasou. O Rei di que lle gustou estar nun acto ao que acode anualmente e varios ministros acúsano de manobrar contra o Goberno", escribe o presidente galego este sábado na súa conta de Twitter. 

"Todo o meu apoio á nosa democracia, Constitución e en consecuencia a Felipe VI", conclúe o seu tuit  Feijóo, despois de que se escoitase a través dun micrófono aberto un "pasáronse tres pobos", tras invitar un dos vogais do Consello Xeral do Poder Xudicial aos presentes a gritar "Viva o Rei!" ao finalizar a entrega de despachos. 

Comentarios