Falece acoitelada en Hospitalet a mans da súa parella, que quitou a vida despois do crime

Teléfono 016

Unha muller de 45 anos morreu hoxe a mans do seu compañeiro sentimental no piso no que residía, onde a acoitelou e despois quitouse a vida, segundo informaron os Mossos d'Esquadra.

A policía catalá recibiu o aviso de agresión pasadas as 14.30 horas e desprazouse ao lugar dos feitos, onde atopou a muller asasinada e o seu compañeiro sentimental morto.

Segundo as investigacións policiais, o home, de 48 anos, mataría a coiteladas a muller, de 45 e coa que tiña ou tivera un vínculo sentimental, e posteriormente quitou a vida.

A investigación continúa aberta e ata o lugar dos feitos desprazáronse servizos de urxencia que non puideron facer nada polas dúas persoas, de nacionalidade española, e agora está previsto que se levanten os cadáveres.

A muller asasinada hoxe en L'Hospitalet é a cuadraxésima que perece este ano en España vítima da violencia machista, e a cuarta nos últimos tres días.

Comentarios