Falece unha menor ao caer desde un décimo quinto piso en Bilbao

A moza estaba a "empolicarse" no balcón do seu domicilio

Unha menor, de 17 anos, faleceu este domingo pola noite en Bilbao ao caer, ao parecer de forma accidental, desde un décimo quinto piso, informou este luns o departamento vasco de Seguridade.

Segundo esta fonte, os feitos ocorreron sobre as 22.10 horas nun bloque de vivendas da rúa Olite cando, por causas que se descoñecen, a moza que se estaba "empolicando" ao balcón do seu domicilio precipitouse ao baleiro.

A Ertzaintza abriu unha investigación sobre o suceso aínda que "todo apunta a que se trata dun accidente" xa que, ao parecer, a moza podería esta intentado pasar desde a fiestra da escaleira ao balcón da súa vivenda.

Comentarios