lunes. 18.11.2019 |
El tiempo
lunes. 18.11.2019
El tiempo

Falece o doutor Eduardo Vela, o único xulgado en España polo caso dos bebés roubados 

Eduardo Vela, durante o xuízo. ARQUIVO
Eduardo Vela, durante o xuízo. ARQUIVO

O doutor Eduardo Vela, o único médico xulgado en España polo caso de bebés roubados, faleceu este domingo aos 86 anos, segundo indicaron fontes xurídicas á axencia Efe.

O xinecólogo foi xulgado o ano pasado e considerado responsable dos delitos de detención ilegal, suposición de parto e falsidade documental en relación a un caso de bebé roubado rexistrado en 1969, aínda que foi absolto por entenderse que prescribiran.

Inés Madrigal, presidenta de S.O.S Bebés Roubados, foi quen sentou a Vela nun banco dos acusados. En xuño de 1969, naceu na Clínica San Ramón e entregada a outra muller. Vela negou a súa participación no caso do roubo de Madrigal na clínica que el dirixía, e que entregase nenos en adopción. 

Falece o doutor Eduardo Vela, o único xulgado en España polo caso...
Comentarios