España aumenta o seu consumo nun 4,9% durante a Hora do Planeta

O consumo de enerxía eléctrica en España hoxe ás 20.30 horas, cando arrincou a "Hora do Planeta", foi de 30.880 megawatts, un 4,9 % máis que á mesma hora do pasado sábado, cando a demanda se situou en 29.434 megawatts.

Así o reflexa Rede Eléctrica de España (REE) na súa pagina web, onde explica que a enerxía consumida á citada hora supuxo a emisión á atmosfera de 2.819 toneladas/hora de CO2 (dióxido de carbono), fronte ás 2.294 do sábado anterior.

Fontes de Rede Eléctrica, operador e transportista do sistema, sinalaron que o sistema está preparado para asumir continxencias de desequilibrio entre xeración e consumo, no caso de que se produzan.

O ano pasado, a "Hora Planeta" supuxo unha caída na demanda de enerxía do 3,7 %.

Este apagamento simbólico, dunha hora de duración e promovido pola organización ecoloxista Fondo Mundial para a Natureza (WWF, nas súas siglas en inglés), busca alertar sobre a necesidade de adoptar medidas contra o quecemento global da Terra e pretende chegar a case todos os recunchos do planeta.

Comentarios