O encarceramento de Urdangarín "está a ser moi duro" para a infanta Cristina, segundo o seu avogado

"É un tema tan serio e tan íntimo, que nos dá ata vergoña falar diso", asegura Miquel Roca

La infanta Cristina. EFE
photo_camera A infanta Cristina. EFE

O avogado da infanta Cristina, Miquel Roca, admitiu este mércores en Avilés que o encarceramento de Iñaki Urdangarín "está a ser moi duro para ela". Roca realizou estas declaracións ante os xornalistas na inauguración da sede da Fundación de Trabajadores de la Siderurgia Integral, entidade que preside desde o ano 2016, no Colegio Virgen de las Mareas de la Villa del Adelantado. 

Preguntado sobre o encarceramento do exduque de Palma este luns, o avogado da Infanta foi parco á hora de facer valoracións sobre o estado de ánimo da irmá do Rei de España. "Pódeno imaxinar como está a Infanta. É un tema tan serio e tan íntimo, que nos dá ata vergoña falar diso", finalizou o avogado. 
 

Comentarios