O Rei deixará a vela de alta competición en setembro

O Rei Juan Carlos deixará a vela de alta competición o próximo 17 de setembro, última xornada do Trofeo Conde de Godó de Barcelona que pechará o Circuíto Audi MedCup 2011, explicou o armador José Cusí.

Con esta decisión, conclúe unha época na vela española, a da saga do Bribón, que case durante corenta anos compartiron o armador barcelonés e Don Juan Carlos e cuxo nome seguirá en unidades máis pequenas como o Platú 25 ou o Melges 32.

"Iso non significa que vaiamos deixar de navegar, pero se seguimos xa será en barcos máis tranquilos. Á nosa idade competir nun Transpac52 é xa todo un risco pola gran esixencia física que se precisa, pero a afección non se perde nunca", declarou Cusí, que participou en Cascais (Portugal) na primeira etapa da Audi MedCup 2011.

Comentarios