O presidente de Novas Xeracións de Bizkaia, agredido nun bar de Bilbao

Un mozo achegóuselle e, tras preguntarlle se era das mocidades do PP, propinoulle unha puñada
Nacho Toca, presidente de Nuevas Generaciones de Bizkaia
photo_camera Nacho Toca, presidente de Nuevas Generaciones de Bizkaia

O presidente de Novas Xeracións do PP de Bizkaia, Nacho Toca, foi agredido este domingo de madrugada nun bar do centro de Bilbao por un mozo que o ameazou e lle deu unha puñada, feitos polos que presentou denuncia ante a Ertzaintza, segundo fontes deste partido.

Segundo estas fontes, sobre a unha a madrugada, no café-teatro Memorial, na rúa Ibáñez de Bilbao, un mozo achegouse a Toca -que participa en faladoiros televisivos-, e preguntoulle se era das mocidades do PP.

Toca respondeulle afirmativamente, e segundo estas fontes, o agresor díxolle "pois vaste decatar", ameazoulle, e deulle unha puñada. A continuación, foise, sen que Toca, que estaba cuns amigos, puidese reaccionar pola sorpresa.

Segundo estas fontes, o presidente de Novas Xeracións do PP en Bilbao presentou denuncia ante a Ertzaintza este domingo pola mañá acompañada dun parte médico, aínda que non reviste lesións de gravidade.

Tras coñecer a agresión, o secretario xeral do PP de Bizkaia, Javier Ruiz, dixo a Efe que se trata "dunha agresión por razóns políticas e ideolóxicas, porque identifica a Nacho". Para Ruiz, "isto débese ao caldo de cultivo que durante décadas se foi sementando en Euskadi. O preocupante é que este xerme segue presente entre a xente nova. Vese que a educación en valores que recibiron non foi a máis acertada".

Ante a agresión, Ruiz emprazou a EH Bildu, "que ten unha nova oportunidade de condenar un acto de violento, de demostrar que poden percorrer ese tránsito ético que aínda non percorreron", e tamén ao PNV, ao que lle preguntou "Con quen quere construír este país, cos que aínda teñen vestixios violentos ou cos que respectamos a democracia e a pluralidade?". Tamén nas redes sociais o PP condenou a "intolerable" agresión a Toca, na súa conta oficial de Twitter.

Na mesma rede, o presidente do PP vasco, Alfonso Alonso, trasladou "o meu apoio e agarimo a Nacho Toca e a miña firme condena de todas as actitudes antidemocráticas que seguen alimentando o odio nesta terra", mentres que o vicesecretario de Acción Sectorial Javier Maroto envioulle "un abrazo Nacho Toca. A intolerancia e a violencia nunca gañan".

O vicesecretario de Comunicación da formación e antigo dirixente de Novas Xeracións, Pablo Casado, reclamou na súa conta esta rede a expulsión da política do "odio que algúns azuzan" tras condenar a agresión ao seu "amigo".

Comentarios