sábado. 17.04.2021 |
El tiempo
sábado. 17.04.2021
El tiempo

O xuíz Ruz senta no banco a Rosell, a Bartomeu e o Barça

Sandro Rosell y Josep María Bartomeu, expresidente y actual presidente del FC Barcelona.
Sandro Rosell y Josep María Bartomeu, expresidente y actual presidente del FC Barcelona.
Así o propón nun auto emitido este venres, no que os acusa de delito fiscal e administracion desleal no caso da fichaxe de Neymar

O xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz propuxo xulgar o presidente do FC Barcelona e o seu predecesor neste cargo, Josep Maria Bartomeu e Sandro Rosell, así como o propio club, por delitos fiscais e de administración desleal na fichaxe do brasileiro Neymar.

Nun auto, o xuíz conclúe a instrución do caso Neymar e considera que Rosell e Bartomeu puideron incorrer en ata tres delitos contra a Facenda Pública polas cotas que deixarían de pagar a Hacienda, á vez que cifra en 83.371.000 euros as cantidades abonadas pola fichaxe do xogador.

En relación coa responsabilidade do presidente Bartomeu, o auto destaca o seu protagonismo "tanto na xénese das operacións contractuais que constitúen a base fáctica do procedemento (a contratación de Neymar) como no desenvolvemento da fichaxe e, por ultimo, en relación ao coñecemento, asunción e autorización dos pagos vinculados a devandita contratación ocorridos en 2014".

O xuíz Ruz senta no banco a Rosell, a Bartomeu e o Barça
comentarios