O xuíz Pedraz envía a prisión os dirixentes de Manos Limpias e Ausbanc

Miguel Bernad e Luis Pineda foron detidos o venres acusados de extorsionar a bancos a cambio de publicidade ou de retirar acusacións
Miguel Bernad y Luis Pineda
photo_camera Miguel Bernad y Luis Pineda

O xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz decretou prisión incondicional e sen fianza para os máximos responsables de Manos Limpias e Ausbanc, Miguel Bernad e Luis Pineda, detidos o venres acusados de extorsionar a bancos a cambio de publicidade ou de retirar acusacións.

Pedraz tamén tomou declaración a tres arrestados máis, aos que deixou en liberdade con comparecencias quincenais no xulgado, retirada do pasaporte e prohibición de saír de España. Trátase do tesoureiro de Ausbanc, Alfonso Gil Solé; o adxunto ao presidente de Ausbanc, Ángel Garay Echeverría, e o director de Comunicación de Manos Limpias, Francisco Castro Villacañas.

A Bernad impútalle os delitos de extorsión, ameazas e pertenza a organización criminal, e a Pineda os mesmos máis estafa, administración desleal e fraude das subvencións.

Comentarios