Abren xuízo oral contra Chaves e Griñán

Os expresidentes de Andalucía serán xulgado polos presuntos delitos de malversación e de prevaricación
Griñán y Chaves, en imágenes de archivo
photo_camera Griñán y Chaves, en imágenes de archivo

O xuíz de instrución Álvaro Martín ditou un auto polo que decreta a apertura de xuízo oral contra os expresidentes de Andalucía Manuel Chaves e José Antonio Griñán, que son dous dos 26 procesados na peza política dos Ere, a relativa ao procedemento empregado para pagar as axudas a empresas.


No auto, o maxistrado de reforzo do Xulgado de Instrución número 6 de Sevilla inclúe a petición dunha fianza por un total de 4.214.702 euros para o expresidente da Xunta José Antonio Griñán.

No seu escrito, o xuíz explica que Griñán, presidente entre 2009 e 2013, será xulgado polos presuntos delitos de malversación e de prevaricación, mentres que o seu antecesor, que foi presidente 19 anos, entre 1990 e 2009, o será só por prevaricación. 

Comentarios