Eliminada a figura do "imputado"

Substitúena "investigado" e "encausado" na reforma da Lei de Enjuiciamiento Criminal
Pastor, Santamaría y Catalá, en rueda de prensa del Consejo de Ministros.
photo_camera Pastor, Santamaría y Catalá, en rueda de prensa del Consejo de Ministros.

O Goberno aprobou a reforma da Lei de Enjuiciamiento Criminal (LECrim), que limita a instrución xudicial a 6 e 18 meses e substitúe o termo imputado por "investigado" na fase de instrución, que pasará a denominarse "encausado" tras o auto formal de acusación.

En rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, a vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, explicou que a lei responde a "unha demanda social moi clara" para loitar contra a corrupción.

A reforma modifica o termo imputado por "investigado" na fase de instrución e por "procesado" tras o auto formal de acusación, e regula a figura do comiso e a capacidade para investigar e recoller todos os bens do condenado co fin de recuperar o diñeiro defraudado.

No entanto, o Goberno eliminou a posibilidade de que Interior interveña comunicacións sen autorización xudicial previa tras escoitar as críticas do Consejo General del Poder Judicial (CGPJ) e o Consello Fiscal, que consideraron estas escoitas de "difícil encaixe constitucional".

Comentarios