O 'efecto Illa' impulsa o PSC a disputarse o triunfo con ERC, segundo o CIS

O ministro de Sanidade é o candidato mellor valorado
El ministro Salvador Illa.EFE
photo_camera O ministro Salvador Illa.EFE

O PSC, á alza desde que anunciou como candidato ao ministro de Sanidade, Salvador Illa, lograría entre 30 e 35 deputados e disputaríase a vitoria das eleccións catalás con ERC (31-33), segundo a enquisa preelectoral publicada este xoves polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS).

En terceira posición situaríase JxCat, con 20-27 escanos, seguido de Ciudadanos (13-15), En Comú Podem (9-12), a CUP (8-11), Vox (6-10) e o PP (7), segundo a estimación de escanos proxectada polo CIS. 

ILLA, O MÁIS VALORADO. O ministro de Sanidade e candidato do PSC ás eleccións catalás, Salvador Illa, é o candidato preferido polo 22% dos cataláns para ser presidente da Generalitat, por diante da candidata de JxCat, Laura Borràs, que obtén un 11,1%, e o vicepresidente do Govern e candidato de ERC, Pere Aragonès, cun 9%, segundo o Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS). 

A enquisa elaborouse con 4.106 entrevistas entre o 2 e o 15 de xaneiro –xusto despois do anuncio de que Illa sería candidato do PSC e antes de que o Govern decidise aprazar as eleccións do 14 de febreiro e a posterior suspensión por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC)– e conta cunha marxe de erro de 1,6. 

Á pregunta de que candidato prefiren os enquisados para ser presidente da Generalitat, tras Illa, Borràs e Aragonès, o candidato de Cs, Carlos Carrizosa, obtén un 3,4%; a da CUP, Dolors Sabater, un 2,8%; a dos comuns, Jéssica Albiach, un 2,6%; o do PP, Alejandro Fernández, un 1,7%; a do PDeCAT, Àngels Chacón, un 1,2%; o de Vox, Ignacio Garriga, un 1,1%, e a do PNC, Marta Pascal, un 0,6%. 

Un 2,8% dos enquisados que quere ao expresidente Carles Puigdemont liderando a Generalitat, aínda que xa dixo que non sería candidato á Presidencia a pesar de encabezar a lista de JxCat, mentres que o 21,7% non contesta, o 10,6% non quere a ningún dos candidatos, o 5,2% quere a outro e o 4,1% non contesta.

VALORACIÓN DE CANDIDATOS. Noutra pregunta, o CIS pide valorar nunha nota do 1 ao 10 aos candidatos, e o máis valorado é Illa cun 5, o único que aproba, seguido de Borràs e Aragonès, que empatan cun 4,6. 

En cuarta posición sitúase Sabater (4) e séguenlle Albiach (3,8), Chacón (3,7), Pascal (3,5), Carrizosa (2,7), Fernández (2,6) e Garriga (2,5).

Comentarios