sábado. 04.04.2020 |
El tiempo
sábado. 04.04.2020
El tiempo

O CIS apunta a un lixeiro descenso do PP e unha subida do PSOE

La vicepresidenta del Gobierno, Soraya Sáenz de Santamaría
La vicepresidenta del Gobierno, Soraya Sáenz de Santamaría
A vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, é a política mellor valorada do actual Goberno

O PP perdeu un punto e medio en estimación de voto ata o 31,5 por cento segundo o último barómetro do CIS, que reflicte unha subida de 1,3 puntos para o PSOE -19,9 por cento- que volve ser segunda forza ante a baixada de 2 puntos de Unidos Podemos e as súas confluencias (19,7 %).

Segundo esta enquisa, Ciudadanos sería ademais o partido que máis sobe dos catro grandes, xa que obtén 2,5 puntos máis que na sondaxe anterior e colócase no 14,9 por cento.

O traballo de campo desta enquisa tivo lugar entre o 1 e o 8 de abril, coincidindo coa dimisión do presidente murciano Pedro Antonio Sánchez, pero antes de que estalase o caso Lezo coa detención e ingreso en prisión do expresidente da Comunidade de Madrid Ignacio González.

PARO. A preocupación polo paro alcanzou no barómetro de abril o nivel máis baixo desde novembro de 2008, pois é o principal problema para o 69,6 por cento dos españois e colócase por primeira vez en case nove anos por baixo do 70 por cento.

Como segundo problema para os españois consolídase a corrupción, xa que o citan o 42 por cento dos enquisados, é dicir, case tres puntos menos que no barómetro anterior.

SANTAMARÍA. A vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, obtivo a mellor nota na primeira valoración que o CIS fai aos membros do actual Executivo de Mariano Rajoy, na que no entanto suspenden todos os membros deste Gabinete. A número dous do Executivo é a mellor valorada cunha nota de 3,79, seguida de quen a substituíu como portavoz do Goberno e ocupa tamén a carteira de Educación, Íñigo Méndez de Vigo, con 3,23.

No lado contrario da lista está, coa peor nota, o ministro de Hacienda, Cristóbal Montoro (2,44), precedido dos ministros de Justicia, Rafael Catalá, e Industria, Álvaro Nadal, ambos cunha cualificación de 2,73 puntos.

Tras Sáenz de Santamaría e Méndez de Vigo, os seguintes ministros mellor valorados son a titular de Agricultura, Isabel García Tejerina (3,18), o de Economía, Luis de Guindos (3,04) e en quinto lugar o responsable de Fomento, Íñigo de la Serna (3).

O sexto lugar ocúpao a ministra de Defensa e secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, cunha nota de 2,96. Séguena a ministra de Empleo, Fátima Báñez (2,92); o titular de Interior, Juan Ignacio Zoido (2,86); o responsable de Exteriores, Alonso Dastis (2,80) e a ministra de Sanidad, Dolors Montserrat (2,77).

O CIS apunta a un lixeiro descenso do PP e unha subida do PSOE
Comentarios