O avogado de Correa será o único que cobre os honorarios de Garzón polas escoitas

Baltasar Garzón só deberá abonar a minuta do avogado do suposto máximo responsable da trama Gürtel, Francisco Correa, como consecuencia da súa condena por ordenar as escoitas nesta causa, pero non as do seu presunto "número dous", Pablo Crespo, nin a do letrado Ignacio Peláez.

Así o aclarou hoxe o Tribunal Supremo, a petición do propio Garzón, despois de que a sentenza notificada o pasado 9 de febreiro na que se lle impuxo a pena de once anos de inhabilitación se lle condena tamén ao pago das costas procesuais, incluídas as das acusacións particulares".

Nun auto notificado hoxe, o alto tribunal explica que esa obrigación se refire só á acusación exercida por Correa, que estivo representado no xuízo polo avogado José Antonio Choclán, xa que foi a única que solicitou expresamente a condena de Garzón en costas.

Segundo o Supremo, Peláez fixo esta petición "de forma xenérica", mentres que a acusación exercida polo exsecretario de organización do PP galego Pablo Crespo, representado polo avogado Pablo Rodríguez Mourullo, "gardou silencio sobre o particular".

Comentarios