O Departamento de Estado de Estados Unidos pediu este domingo aos seus cidadáns que extremen a precaución no paseo das Ramblas, en Barcelona, polo risco de que se cometa un ataque terrorista "con pouco ou ningún aviso" durante as datas do Nadal.
#SpainExercise heightened caution around areas of vehicle movement, including buses, in the As Ramblas area of Barcelona during Christmas and New Year's. Terrorists may attack with little or non warning, targeting tourist locations, transportation hubs, and other public areas. pic.twitter.com/MPGiZwMwxq<> — Travel - State Dept (\
TravelGov) 23 de decembro de 2018<>
A diplomacia estadounidense publicou ese aviso na conta de Twitter da Oficina Consular, que coordina a axuda aos estadounidenses que viven no exterior: "Extremen a precaución en áreas con movemento de vehículos, incluídos autobuses, na zona das Ramblas de Barcelona durante Nadal e Ano Novo. Os terroristas poden atacar con pouco ou ningún aviso".
Ademais, o consulado de Estados Unidos en Barcelona repetiu esa mensaxe na súa páxina web e pediu aos estadounidenses que eviten a zona das Ramblas, desde a praza de Cataluña ata a praza do Portal da Pau, así como que exerzan unha "vixilancia adicional" durante as festividades de Nadal.