Detido o youtuber que feriu unha muller ao lanzar unha maquinilla de afeitar

Borja Escalona xa conta con antecedentes por delitos varios
Borja Escalona. EP
photo_camera Borja Escalona. EP

A Policía Nacional detivo un coñecido youtuber que o pasado xoves, na Porta do Sol de Madrid, gravou un vídeo acosando un mozo cunha maquinilla de afeitar e, ao lanzarlle o obxecto, finalmente feriu a unha muller na cara, segundo informaron fontes policiais a Efe.

O detido é Borja Escalona, que incluso chegou a subir en redes sociais o vídeo que, posteriormente, foi borrado. Este youtuber xa conta con antecedentes por delitos varios, como contra a seguridade viaria.

O suceso ocorreu o pasado xoves ás 15.30 horas na céntrica Porta do Sol cando Escalona realizaba unha gravación para as súas redes sociais.

Como se pode comprobar nos vídeos que se publicaron, Gradua ameaza aos viandantes cunha maquinilla de afeitar.

Con todo, unha destas persoas tiroulle a maquinilla ao chan, provocando que rompese.

Posteriormente, tras insistirlle varios minutos en que debía pagar o obxecto, Gradua saíu correndo detrás do home que lle tirou o aparello e lanzoulle a maquinilla, que acabou impactando na cara dunha muller.

Dous axentes de Policía Nacional fóra de servizo viron a agresión e foron os primeiros en axudar á muller.

A vítima foi atendida por membros do Samur-Protección Civil e trasladada cunha posible fractura de nariz ao Hospital Gregorio Marañón.

A detención do youtuber foi realizada por axentes da Brigada Móbil da Policía Nacional, debido ás súas versións contraditorias e a súa agresividade cos axentes.

O pasado venres xa pasou a disposición xudicial acusado dun delito de lesións. 

Comentarios