Detido por vixiar aos inquilinos dun piso turístico cunha cámara

A Policía Nacional detivo a un home de 38 anos en Málaga por vixiar supostamente aos inquilinos do seu apartamento turísico
Una cámara de seguridad.DENYS VITALI (Pixabay)
photo_camera Unha cámara. Foto recurso

Un cidadán arxentino de 37 anos foi detido pola Policía Nacional en Fuengirola (Málaga) por vixiar supostamente aos inquilinos do seu apartamento turístico a través dunha cámara instalada na vivenda.

Un matrimonio que pasaba uns días de vacacións descubriu unha cámara en funcionamento no piso que alugara, despois de que lles sorprendese que o propietario acudise á vivenda e lles chamase a atención polo exceso de ocupación o día en que recibiran a visita duns familiares.

Segundo informou este sábado a Policía nun comunicado, a cámara de vídeo-gravación, xiratoria mediante movemento automático, estaba situada no teito do corredor, con visión ao baño e ao salón. O matrimonio denunciou os feitos ante a Policía Nacional despois de que ao contactar por teléfono co caseiro só recibisen evasivas en relación ás súas sospeitas de que estaban a ser espiados.

Antes de descubrir a existencia da cámara, á parella sorprendeulle que o responsable do piso acudise ao inmoble e lles chamase a atención por exceder a ocupación o día en que recibiran a visita duns familiares. Segundo as pescudas policiais, a cámara estaba conectada e era accesible por medio dunhas claves. O responsable da vivenda foi detido pola súa presunta participación nun delito contra a intimidade.

Comentarios