Detido un camareiro de Barcelona por violar a unha muller no local no que traballa

Ocorreu nun establecemento do Eixample

Os Mossos d'Esquadra detiveron ao camareiro dun bar da Gran Via de Barcelona acusado de violar a unha moza no interior do local, segundo informaron fontes policiais.

A moza denunciou ser violada cara ás 4.00 desta madrugada nun local de lecer situado no céntrico barrio do Eixample de Barcelona, polo que foi trasladada a un centro hospitalario para ser atendida.

Por mor da denuncia, a policía catalá detivo a un dos camareiros do establecemento, ao que os Mossos d'Esquadra están a investigar como presunto autor dun delito de agresión sexual.

Segundo avanzou El Periódico de Catalunya, o camareiro aproveitou presuntamente que a vítima estaba ebria para violala nos lavabos do local e foron as súas amigas as que chamaron ao teléfono de urxencias 112 para alertar do que sucedía.

O home, engade o rotativo, recoñeceu ante os axentes manter relacións sexuais coa moza, aínda que asegurou que foron consentidas