Detectan unha fraude de cidadáns búlgaros que lles permitía accecer a transplantes de ril

Así mesmo, lograron recibir tratamento de diálese mediante un sistema de altas ficticias á Seguridade Social

Seis cidadáns búlgaros accederon de forma fraudulenta ao sistema nacional de transplante e conseguiron que se lles implantase un ril, mentres que catorce, entre eles os trasplantados, lograron recibir tratamento de diálese mediante un sistema de altas ficticias á Seguridade Social.

A Garda Civil detectou unha fraude relacionada con cidadáns procedentes de países do Leste, fundamentalmente de Bulgaria, que mediante altas ficticias á Seguridade Social permitía obter a tarxeta sanitario e acceder a diálese e á lista de espera para un transplante renal.

Así, na operación, denominada Renibus, detectáronse catorce pacientes na Comunidad de Madrid que de forma fraudulenta estaban a someterse a diálese e seis xa foran trasplantados, ocasionando un custo total de máis de 1,5 millóns de euros, segundo informou a Garda Civil.

En rolda de prensa, o director xeral da Garda Civil, Arsenio Fernández Mesa, cualificou a operación de "relevancia a nivel nacional" e explicou que comezou hai un ano cando a Organización Nacional de Transplantes (ONT) detectou un número anómalo de transplantes de ril en cidadáns de países do Leste.

A investigación "minuciosa e complicada" permitiu paralizar unha práctica de turismo sanitario "lesivo" para os cidadáns que viven en España e están dados de alta na seguridade social e acabar cos que queren aproveitarse dun sistema de saúde "exemplar".

Os cidadáns viñan de Bulgaria a España en autobús ou avión con altas ficticias de traballo ou ben contratados por falsos empregaadores ou se daban de alta como autónomos e unha vez no país acudían ao centro de saúde máis próximo porque requirían de forma urxente someterse a hemodiálise.

Comentarios