Desaloxadas 150 persoas dunha residencia de anciáns de Alicante a causa dun incendio

O lume orixinouse na segunda planta do edificio por causas que se descoñecen

Unhas 150 persoas foron desaloxadas dunha residencia de anciáns da cidade de Alacante  por mor dun incendio que xa foi controlado e que se saldou sen feridos, segundo informou o servizo de urxencias da Generalitat Valenciana.


A través da súa conta na rede social Twitter, o 112 da Generalitat indicou que o lume na residencia do barrio Juan XXIII orixinouse pasadas as 18 horas na segunda planta do edificio.

Polo momento, descoñécense as causas do sinistro e se o inmoble sufriu danos estruturais ou materiais importantes.

Varias dotacións dos bombeiros, entre outras unidades de urxencias, desprazáronse ao lugar. 

Comentarios