jueves. 24.10.2019 |
El tiempo
jueves. 24.10.2019
El tiempo

A planta de biocarburantes de Begonte figura na lista de morosos con Hacienda

Planta de biocarburantes de Begonte
Planta de biocarburantes de Begonte
Dani Alves (1,3 millóns de euros), a Canal Nou (1,33) e Murcia (22,1) tamén se atopan entre os debedor coa Axencia Tributaria, do mesmo xeito que outros como Dani Pedrosa (7,85) ou Lorenzo Sanz (1,36), que xa se atopaban no rexistro de xullo de 2015

A planta de biocarburantes de Begonte (Bgal) é unha das empresas galegas cunha maior débeda a Hacienda. Segundo a nova lista de morosos ao fisco publicada este xoves, a crebada compañía debe 15 millóns á Axencia Tributaria.

Na lista entraron este ano doce empresas galegas, case todas do sector da construción. Entre elas está Acerías As Pontes, cunha débeda de 21 millóns.

A televisión valenciana Canal Nou, a comunidade autónoma de Murcia e o seu servizo de saúde, ademais do futbolista Dani Alves, tamén aparecen na nova lista, que inclúe os morosos a 31 de decembro de 2015. Algúns dos mencionados aseguran que xa regularizaron as súas débedas, como é o caso da construtora Sacyr (116.146.189 millóns) e Enel Green Power (11.691.559).

No caso da comunidade de Murcia, a débeda ascende a 22.149.903 millóns de euros, e a do Servizo Murciano de Saúde a 26.672.513.

Canal Nou debía a 31 de decembro 1,33 millóns, mentres que o futbolista Dani Alves debía 1,3 millóns de euros. 

Así mesmo, mantéñense respecto da primeira lista que apareceu o 31 de xullo outros deportistas como o piloto Dani Pedrosa cunha débeda de 7,85 millóns, así como o exfutbolista arxentino do Zaragoza e do Barcelona Gabi Milito (1,83 millóns de débeda) ou o expresidente do Real Madrid Lorenzo Sanz (1,36 millóns).

Tamén aparece por primeira vez o Grupo Inmobiliario Tremón, con 8,96 millóns de euros.

Hai nomes que saen da lista respecto da primeira que se publicou (regularizáronse un total de 312 millóns de euros entre o 31 de xullo de 2015, data de corte da primeira, e o 1 de xuño deste ano).

Entre eles destacan Pescanova (4,32 millóns), a produtora Secuoya (2,2 millóns), e os sobriños do fundador del Corte Inglés Carlota, Carlos e Javier Areces Galán (3,1 millóns), ademais da inmobiliaria Riofisa e o construtor Juan Luis Serratosa.

A planta de biocarburantes de Begonte figura na lista de morosos...
Comentarios