Conseguen identificar a habitación dunha nena en risco de abusos grazas a Twitter

A Policía difundira imaxes a través do seu perfil e pedía colaboración cidadá para localizar o dormitorio
Una agente de la Policía Nacional, frente a un ordenador en una imagen de archivo. AEP
photo_camera Unha axente da Policía Nacional, fronte a un ordenador nunha imaxe de arquivo. AEP

A Policía Nacional difundiu a través da súa conta de Twitter tres fotografías dunha habitación de unha nena que podería estar a ser vítima de abusos, polo que solicitou colaboración cidadá para identificar ese dormitorio.

"Moi importante. Unha menor podería estar en risco. Por favor mira ben estas fotos e escríbenos a [email protected] se recoñeces esta habitación", dicía a mensaxe lanzada por \policia no seu Twitter. Xunto ao tuit, a Policía difundía tres fotografías dunha habitación infantil, presumiblemente de nena.

Agora, tras ser localizado o dormitorio, as fotografías elimináronse e os axentes agradeceron a colaboración da xente, que permitiu dar coa habitación "en tempo récord".

ÚLTIMA HORA

Vuestros correos electrónicos han permitido identificar la habitación (y en tiempo récord).

MUCHÍSIMAS GRACIAS👏👏👏

Nuestros agentes ya se han puesto en contacto con los familiares de la menor y continúan las investigaciones. pic.twitter.com/sAFpdheVi2

— Policía Nacional (@policia) January 17, 2022

Fontes policiais sinalaron a Efe que se trata dunha investigación aberta de pornografía infantil que segue a unidade da Ciberdelincuencia e que actualmente está xudicializada. De feito, o xulgado autorizou a difusión destas imaxes para intentar impulsar as pescudas da Policía.

OUTRAS COLABORACIÓNS. Non é a primeira vez que a Policía Nacional pide colaboración cidadá a través das súas redes sociais para tratar de avanzar nalgunha investigación. 

En 2018, por exemplo, difundiron unha chamada anónima á Cruz Vermella de Madrid que resultou ser clave para esclarecer o crime dun ancián de 81 anos que morreu asfixiado tras ser coas mans atadas e amordazado o 4 de febreiro de 2017 en Santander. 

En Alemaña, a policía tamén detivo ao violador dunha nena de catro anos en 2017 vinte e catro horas logo de difundir as fotos da pequena como último recurso para chegar ata o agresor, pois colgara imaxes dos abusos sexuais na chamada "rede escura".