A confesión de Ana Julia: "Púxenlle a man na boca e cando lla quitei xa non respiraba"

'Espejo público' difundiu imaxes da declaración ante do xuíz da asasina confesa do neno Gabriel

Ana Julia Quezada. CARLOS BARBA (EFE)
photo_camera Ana Julia Quezada. CARLOS BARBA (EFE)

O programa de televisión Espejo Público difundiu este luns o vídeo da confesión de Ana Julia Quezada, a asasina do neno de 8 anos Gabriel Cruz. 

"Isto é moi duro, Deus meu. Perdín todo. Perdín a Gabriel, á miña filla, a Ángel. Eu non son unha asasina". Así empeza a declaración de Quezada ante o xuíz, na que mantivo que a morte do pequeno foi accidental.

A asasina confesa de Gabriel explicou como o levou no coche: "Vino cun pau no camiño e díxenlle 'veña, sube ao coche e ven comigo a Rodalquilar, que vou pintar e agora te traio'".  Unha vez na leira de Rodalquilar, segundo a versión de Quezada, o neno colleu unha machada, ela emprazouno a darlla, ao que el respondeulle "non, non cha dou, que sempre me estás mandando e non quero que me mandes, que es fea". 

Nese momento, segundo explica a propia autora do crime, púxolle a man na boca e o nariz  ao neno para que "deixase de berrar e de dicirme esas cousas". "Cando deixou de berrar quiteille a man xa o neno non respiraba", asegurou Ana Julia. 

Ana Julia, que está acusada de asasinato, detención ilegal e contra a integridade moral, será xulgada por un xurado popular.