Condenan a 92 anos o etarra que intentou matar o Rei no Guggenheim

Eneko Gogeaskoetxea preparou un atentado con explosivos contra o monarca durante a inauguración do museo bilbaíno en 1997
Fotografía de archivo del etarra Eneko Gogeaskoetxea
photo_camera Fotografía de archivo del etarra Eneko Gogeaskoetxea

A Audiencia Nacional española condenou este venres a 92 anos de cárcere o ex-dirixente da banda terrorista Eta, Eneko Gogeaskoetxea, por intentar matar o rei Juan Carlos I, na inauguración do Museo Guggenheim en Bilbao (norte) en 1997, nun atentado que foi frustado.

O plan do atentado, segundo a sentenza, consistía en colocar uns maceteiros con granadas autopropulsadas Mekar co obxectivo de acabar coa vida do rei Juan Carlos I.

A sentenza considera probado que Gogeaskoetxea, xunto ao seu compañeiro do comando Katu Kepa Arronategi —xa condenado por estes feitos—, foi sorprendido manipulando as xardineiras por dous axentes de policía que se interesaron polo que facían.

Nese momento o condenado disparou o policía ocasionándolle a morte, polo que o tribunal condénao tamén a indemnizar a súa viúva con 500.000 euros.

Na súa fuxida, o condenado ameazou coa arma e utilizou varios condutores para que o trasladasen a diversos puntos da cidade de Bilbao (norte).

Por todos estes feitos, o tribunal considérao autor dun delito contra a Coroa española en grao de conspiración; dos delitos de homicidio, depósito de armas de guerra, tenencia ilícita de armas e coaccións e doutros dous delitos de detención ilegal.

Gogeaskoetxea era considerado un dos máximos responsables do aparello 'militar' e 'loxístico' da banda terrorista Eta cando se produciu a súa detención en Cambridge (Reino Unido) en 2011.

Comentarios