Condenan a 13 anos ao violador do estilete pola agresión a unha muller con discapacidade en Oviedo

O lucense Félix Vidal Anido saíu de prisión hai catro anos tras cumprir máis de 32 entre reixas, pero pronto volveu a reincidir
El violador del estilete. AEP
photo_camera O violador do estilete. AEP

A Audiencia Provincial de Oviedo condenou a 13 anos de cárcere e 7 anos de liberdade vixiada ao lucense Félix Vidal Anido, coñecido como o violador do estilete, por agredir sexualmente en 2017 a unha muller cunha discapacidade psíquica do 65 %.

Vidal Anido, natural de Pol e que cumpriu 32 anos de cárcere por máis de medio centenar de violacións, foi xulgado o pasado 16 de setembro, na Audiencia de Oviedo, nunha sesión celebrada a porta pechada.

O violador do estilete, alcumado así porque utilizaba esa ferramenta nas súas agresións, saíu do cárcere en 2013 ao beneficiarse da anulación da chamada doutrina Parot.

Os feitos agora axuizados ocorreron o 22 de decembro de 2017 no piso onde convivía coa súa entón noiva e a vítima, no casco antigo de Oviedo. A súa noiva, M.A.P., que foi xulgada xunto a el, foi condenada a un ano de cárcere por extorsionar á vítima.

A sentenza, que non é firme, pode ser recorrida en apelación ante a Sala Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Asturias (TSJA).

Vidal Anido saíu do cárcere hai catro anos tras estar no cárcere máis de 32 anos por máis de medio centenar de violacións e intentar matar a unha delas nas décadas dos 80 e 90, aínda que despois volveu ser encerrado varios meses por un intento de agresión a unha muller en Lugo.