Condenados Lucas Hernández e a súa ex a traballos comunitarios

O xulgado impídelles ademais achegarse ou comunicarse por calquera medio co outro durante o tempo de seis meses
Lucas Hernández, a su llegada a los juzgados
photo_camera Lucas Hernández, a su llegada a los juzgados

O xulgado penal 35 de Madrid condenou ao futbolista do Atlético de Madrid Lucas Hernández e á súa exparella, Amelia de la O., a unha pena de 31 días de traballos comunitarios por senllos delitos de malos tratos no ámbito familiar pola pelexa que protagonizaron o 3 de febreiro en plena rúa.

O xulgado impídelles ademais achegarse ou comunicarse por calquera medio co outro durante o tempo de seis meses e prohíbelles portar armas durante un ano e un día.

A Amelia de la O. tamén a condena por un delito leve de danos, polo que debe pagar unha multa de 180 euros.

A Fiscalía pedía de sete meses de prisión por violencia machista para Lucas Hernández e catro para Amelia de la O. por un delito de malos tratos no ámbito familiar, así como dous meses máis para ela por un delito de danos no vehículo do futbolista.

Comentarios