Conclúe o rexistro na leira do avó sen rastro dos nenos

A Policía Nacional ha concluído, logo de nove horas, o rexistro da leira do avó paterno dos dous irmáns de 2 e 6 anos desaparecidos o pasado 8 de outubro en Córdoba sen achar rastro dos pequenos, segundo fontes próximas á investigación.

Membros da policía científica e unidades caninas da Policía Nacional chegaron á leira no polígono das Quemadillas ás 11:35 horas co pai dos nenos, José Bretón, que entón xa fora detido

O rexistro concluíu cara ás 20:30 horas e agora a Policía continuará a investigación cos datos que obtivo.

Segundo as citadas fontes, o pai dos nenos abandonaría tras o rexistro a leira, que segue acordoada pola Policía, e que xa foi rexistrada hai oito días, para ser conducido a dependencias policiais.

A detención de Bretón produciuse a pasada noite no piso dos avós paternos dos menores, no barrio cordobés da Viñuela.

Aínda que as fontes citadas non precisaron os delitos que se imputan ao detido, si sinalaron que entre os motivos do seu arresto están as contradicións no seu relato sobre o sucedido.

Segundo a versión ofrecida polo pai dos menores os nenos desapareceron no parque Cruz Conde da capital cordobesa sobre as 18:30 horas do sábado día 8, cando os perdeu de vista un momento.

O caso pasou ao xulgado de instrución número 4 de Córdoba, mentres que o detido pasará a disposición xudicial mañá, mércores, ou o xoves.

Comentarios