O Concello de Sant Cugat declara 'persoa non grata' a Felipe VI

O ente local tamén aprobou que o Vallès Occidental sexa declarada "cidade republicana e antimonárquica"
Felipe VI. CHEMA MOYA (Efe)
photo_camera Felipe VIN. CHEMA MOYA (Efe)

O pleno ordinario do mes de marzo do Concello de Sant Cugat do Vallès (Barcelona), celebrado este luns, declarou persoa non grata ao rei Felipe VI, nunha moción presentada a petición do Consell Local pola República. 

A proposta tamén deu luz verde para que a localidade do Vallès Occidental sexa declarada "cidade republicana e antimonárquica", segundo informou o consistorio nun comunicado. 

A iniciativa contou cos votos favorables de Junts per Sant e a CUP, e ERC abstívose no acordo contra o monarca e manifestouse a favor de que o municipio sexa republicano e antimonárquico; PSC e Cs situáronse en contra.

Comentarios