Cepsa reabre máis de 250 tendas en gasolineiras para axudar durante a crise

A medida facilitará a subministración de produtos de primeira necesidade

Generated by  IJG JPEG Library

Cepsa comezou a reabrir desde este venres máis de 250 tendas da súa rede de estacións de servizo para facilitar a subministración de produtos de primeira necesidade, como medida de apoio na actual crise polo coronavirus, informou a compañía.

O grupo, que durante as últimas semanas continuou ofrecendo os seus produtos de tenda a través de portelo, puxo en marcha unha serie de medidas de seguridade para facilitar aos seus clientes a compra de bens de primeira necesidade.

Así, desde este venres e durante o fin de semana, a petroleira está a implementar novas medidas de hixiene e seguridade para protexer a saúde dos seus empregados e clientes, mediante a instalación de pantallas de metacrilato na zona de caixa, a sinalización da distancia de seguridade con adhesivos, así como facilitando xel hidroalcóholico e luvas aos clientes, e todos os EPIs que poidan necesitar os seus empregados (máscaras, luvas, etc.).

O grupo indicou que inicialmente identificou estas máis de 250 tendas situadas en estacións de servizo baixo a súa xestión en zonas nas que existe maior tránsito ou a operativa destes locais é básica para a poboación próxima. Adicionalmente, facilitou este material a outras máis de 100 estacións de servizo da súa rede para que tamén poidan instalalo.

A compañía realizou esta semana unha doazón de 5.000 mantas a varios centros sanitarios de Madrid e ao hospital instalado en Ifema

Ademais, en función da dimensión de cada tenda, delimitouse o aforamento máximo de clientes que poden coincidir dentro do establecemento. En calquera caso, estes deberán manter unha distancia de seguridade entre eles de, polo menos, dous metros.

Por outra banda, para facilitar o labor dos condutores profesionais, a compañía ampliou o seu servizo de pratos preparados para levar, dispoñible en preto de 700 estacións da súa rede.

Xunto a estas accións, na súa estación de servizo do Campo das Nacións, a máis próxima ao gran hospital creado nos pavillóns de Ifema en Madrid, Cepsa ofrece servizo gratuíto de lavado para os taxistas que están a colaborar no traslado de enfermos e persoal sanitario.

Así mesmo, o grupo ofrece forma gratuíta neste establecemento café, auga embotellada e bocadillos para taxistas, sanitarios e membros da UME.

Ademais, a compañía realizou esta semana unha doazón de 5.000 mantas a varios centros sanitarios da Comunidade de Madrid e ao hospital instalado en Ifema.

Comentarios