Casado, sobre o máster de Montón: "Non vou facer o que fixeron comigo"

O líder do PP está á espera de que o Supremo decida se abre contra el unha investigación investigación por prevaricación administrativa e suborno impropio polo seu máster

Pablo Casado. EFE
photo_camera Pablo Casado. EFE

O líder do PP, Pablo Casado, rexeitou este luns comentar o caso do máster da ministra de Sanidade, Carmen Montón: "Non vou facer o que fixeron comigo".

Casado dixo que confía nas explicacións que dea Montón engadiu que "este é un Estado de dereito, e antes que demostrar a inocencia de alguén hai que demostrar a súa culpabilidade".

Así se pronunciou o presidente do PP, nunha entrevista en Telecinco, sobre a noticia que publica eldiario.es, segundo a cal Montón obtivo un máster sobre estudos de xénero na Universidade Rei Juan Carlos de Madrid "infestado de irregularidades" no curso 2010/2011.

"O bo é que en España existe o Estado de dereito, calquera acusación que se faga tense que demostrar se é certa ou non", dixo Pablo Casado, quen tamén fixo un máster na citada universidade pública madrileña.

Precisamente, nas próximas semanas, o Supremo debe decidir se abre investigación por prevaricación administrativa e suborno impropio contra Casado ante os "indicios de criminalidade" detectados pola xuíza que instruía o caso do seu máster.

O líder dos populares insistiu en que confía tanto na universidade como na xustiza para a resolución deste asunto. Engadiu que a educación é "fundamental" e é necesario "trasladar a mensaxe" de que a universidade pública é "de máxima calidade" en España.

Volveu a explicar que o que el fixo, aínda que empezaba entón a chamarse máster e iso lle ocasionou os problemas posteriores, era un curso previo para acceder ao doutoramento, e el finalmente non fixo a tese.

Comentarios