Montón nega que haxa "irregularidades" no seu máster na Rey Juan Carlos e rexeita dimitir

A ministra de Sanidade asegura que "seguiu todas as instruccións" que lle deron

La ministra Carmen Montón. FERNANDO ALVARADO
photo_camera La ministra Carmen Montón. FERNANDO ALVARADO

A ministra de Sanidade, Consumo e Benestar Social, Carmen Montón, negou este luns irregularidades na obtención do seu máster sobre estudos de xénero: "Non cometín ningunha irregularidade", aseverou.

Montón sinalou, na rolda de prensa que convocou para dar explicacións sobre as supostas irregularidades que publica eldiario.es, que cursou dito máster "de acordo con todas as instruccións que se me deron" e rexeitou que solicitara "ninguna convalidación de ningunha asignatura".

A Universidade Rei Juan Carlos (URJC) está a investigar un máster que cursou a actual ministra  no Instituto de Dereito Público, clausurado tras o caso das presuntas irregularidades dos estudos de posgrao da expresidenta da Comunidade Cristina Cifuentes.

Segundo adianta este luns eldiario.es, Carmen Montón sendo deputada e portavoz de Igualdade no PSOE, superou cunha nota media de 8,43 un Máster en Estudos Interdisciplinares de Xénero na universidade pública no curso 2010/2011, a pesar de que o empezou cando a metade das materias xa finalizaran. 

Tamén informa de que pagou a matrícula fóra de prazo, tres meses despois, e que superou a metade das materias sen acudir ás clases e sen tratar cos profesores. A directora do máster era Laura Nuño, imputada no caso Cifuentes e número dous do catedrático que dirixía o polémico instituto, Enrique Álvarez Conde, desde decembro de 2017. 

Fontes da universidade explicaron a Europa Press que por mor das presuntas irregularidades nos estudos de Cifuentes e do presidente do PP, Pablo Casado, decidiuse abrir en xuño unha información reservada para investigar a nivel académico toda a actividade do Instituto, que este curso xa está extinguido. 

A universidade tamén cesou a Álvarez Conde, imputado no caso e que este luns mesmo está chamado a declarar ante a xuíza que leva o caso do máster de Cifuentes e Casado, e agora, ademais de investigar os estudos que se cursaban, está auditando as contas do centro. 

Comentarios