Buch, citado como imputado polo escolta de Puigdemont

O xuíz tamén citou como investigado ao sarxento Lluís E.
Miquel Buch. EFE
photo_camera Miquel Buch. EFE

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC) citou o 25 de marzo como investigado ao conseller de Interior, Miquel Buch, por nomear como asesor a un sarxento dos Mossos d'Esquadra para que supostamente seguise facendo de escolta ao expresidente Carles Puigdemont tras a súa fuxida.

Nun auto, a maxistrada Mercedes Armas cita a Buch como imputado polos delitos de prevaricación e malversación, por mor da querela interposta pola Fiscalía Superior de Cataluña, que acusa ao conseller de desviar 52.712 euros pola remuneración que o sarxento dos mossos, Lluís E., percibiu mentres exerceu de asesor, entre xullo de 2018 e marzo de 2019.

O xuíz tamén citou como investigado ao sarxento Lluís E., contra quen tamén se dirixía a querela da Fiscalía, en este caso para o día seguinte, 26 de marzo.

Comentarios