Bartomeu atribúe a Vilanova a culpa do custo da fichaxe de Neymar

O presidente do FC Barcelona declarou ante o xuíz que foi o falecido adestrador o que solicitou adiantar a operación, o que a encareceu
El presidente del FC Barcelona, Bartomeu, a su llegada a los juzgados
photo_camera El presidente del FC Barcelona, Bartomeu, a su llegada a los juzgados

O presidente do Fútbol Club Barcelona, Josep María Bartomeu, atribuíu ao falecido adestrador Tito Vilanova, na súa declaración ante o xuíz Pablo Ruz, o adianto nunha tempada da fichaxe do brasileiro Neymar, que encareceu a operación.

Segundo adiantou a cadena SER, que emitiu a gravación da declaración de Bartomeu en sede xudicial, o mandatario azulgrana declarou que visitou en 2013, xunto ao expresidente Sandro Rosell, a Tito Vilanova "enfermo" e "en tratamento de quimioterapia" e aceptaron a súa petición. "A petición de Tito Vilanova foi adiantar a chegada de Neymar", sinalou Bartomeu, quen tamén dixo ao xuíz Ruz o pasado 13 de febreiro que "foi Sandro Rosell o que liderou as negociacións co pai de Neymar".

O xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz propuxo, tras concluír a instrución do caso que investiga posibles irregularidades na fichaxe de Neymar, xulgar a Josep María Bartomeu e ao seu predecesor neste cargo, Sandro Rosell, así como ao propio Barcelona, por delitos fiscais e de administración desleal na operación.

Ruz considera que Rosell, Bartomeu e o club (neste caso como persoa xurídica) puideron incorrer en ata tres delitos fiscais polas cotas que o Barça deixaría de pagar a Hacienda pola fichaxe en 2011, 2013 e 2014.

Segundo o xuíz, a fichaxe custou ao club un total de 83.371.000 euros fronte aos 57,1 millóns que declarou o Barça nas súas contas, ao que se sumaría a cantidade defraudada a Hacienda, un total de 13 millóns de euros.

Comentarios