Bárcenas: "Negociei con dúas persoas moi vinculadas ao PP enterrar o 'machado de guerra"

O extesorero de partido afirma que estas persoas "non cumpriron"
Bárcenas. EP
photo_camera Bárcenas. EP

O extesoureiro do Partido Popular, Luís Bárcenas, asegurou que negociou con dúas persoas "moi vinculadas" ao PP actualmente "enterrar o machado de guerra" pero "non cumpriron". 

"Negociei con dúas persoas moi vinculadas ao PP actualmente enterrar o machado de guerra e non cumpriron", sinalou Bárcenas nunha entrevista ao Mundo. 

Neste contexto, explicou que a negociación levouna a cabo un "íntimo amigo" seu. "Houbo unha negociación levada a cabo por un íntimo amigo meu con dúas persoas moi vinculadas ao PP actualmente, nas que a cambio de enterrar o machada de guerra co PP e retirarme como acusación no caso dos discos duros, ofrecéronseme unhas contrapartidas moi claras", dixo. 

Neste sentido, Bárcenas destacou que, "unha vez máis, os interlocutores do PP non cumpriron". "Empezo a estar afeito", sentenciou. 

"O PP non me trasladou ameazas expresas, como o fixo con algúns avogados en 2013; agora foi unha negociación na que eu aceptei retirar a acusación polos discos duros de Xénova", sinalou o extesoureiro do PP. 

Comentarios