Barcelona retira a medalla de ouro ao rei Juan Carlos

Reproba ademais ao Goberno por considerar que tivo "complicidade activa na saída clandestina" do exmonarca
Ada Colau. QUIQUE GARCÍA (Efe)
photo_camera Ada Colau presidiu o pleno. QUIQUE GARCÍA (Efe)

O pleno do Concello de Barcelona acordou este xoves retirar a Medalla de Ouro da Cidade e o resto de honras ao rei emérito, Juan Carlos I, e reprobou ao Goberno por considerar que tivo "complicidade activa na saída clandestina" do exmonarca.

A resolución foi aprobada só cos votos dos grupos independentistas, ERC e Junts per, que forzaron a celebración do pleno.

Barcelona En Común (BComú) abstívose porque os independentistas non quixeron suprimir a reprobación ao Goberno de Pedro Sánchez e Pablo Igrexas, segundo explicou a alcaldesa da Cidade Condal, Ada Colau, o mesmo motivo esgrimido polo primeiro tenente de alcalde, Jaume Collboni (PSC), para votar en contra.

Cidadáns e PP, que esixiron que non se celebrase o pleno por considerar ilegal que se debata nel sobre a monarquía e a autodeterminación, votaron en contra, mentres que Manuel Valls e Eva Parera, que tamén o denunciaron, non asistiron. 

Comentarios