martes. 18.01.2022 |
El tiempo
martes. 18.01.2022
El tiempo

Baleares súmase á imposición da máscara en todos os ámbitos

Una niña con mascarilla y con sombrero. MARISCAL (EFE)
Unha nena con máscara e con chapeu para protexerse da calor. MARISCAL (EFE)
Seguindo os exemplos da Mariña lucense e Cataluña, a nova normativa farase vixente en todo o territorio balear o vindeiro luns

A obrigación de usar máscara sempre en espazos públicos en Baleares entrará en vigor a partir do luns, e o incumprimento poderá carrexar multas de 100 euros, a contía prevista na normativa estatal, segundo indicou este xoves a presidenta do Govern, Francina Armengol

En declaracións aos medios durante un acto público, a presidenta indicou que a "prioridade" do Govern é a protección da saúde de residentes e visitantes, e que consideran necesario adoptar esta medida porque "o virus segue convivindo" na sociedade balear. 

Armengol incidiu en que a situación "está moi controlada" en Baleares grazas ao "traballo rigoroso" e o "compromiso cidadán", pero precisamente por iso a poboación ten poucos anticorpos ante a Covid-19, segundo o estudo de seroprevalencia elaborado por Sanidade. 

A presidenta argumentou que a obrigación de utilizar máscara en todo momento na vía pública non suporá un problema para os turistas que cheguen ás Illas nos próximos días, posto que "xa a tiñan que levar". 

Actualmente, o uso de máscara é obrigatorio na rúa e espazos ao aire libre só cando non é posible garantir que se respecta a distancia de seguridade dun metro e medio. Tamén é obrigatoria en establecementos comerciais e espectáculos culturais e deportivos en interiores para maiores de seis anos, segundo marca o decreto aprobado polo Govern o pasado 19 de xuño para a nova normalidade. 

Preguntada por se existe risco de volver a un confinamento, Francina Armengol limitouse a insistir na necesidade de manter as medidas: "As cousas van ben e se somos rigorosos irán mellor", salientou. A presidenta apostillou que son conscientes de que houbo rebrotes noutros puntos de España e que deben "actuar cando toca" para previr contaxios. 

Doutra banda, a presidenta do Govern explicou que están a traballar nunha normativa para atallar o problema das festas ilegais, algo do que informará este xoves a consellera de Administracións Públicas, Isabel Castro. A presidenta recalcou que "non sería xusto" que a "gran porcentaxe" de cidadáns que cumpren "acaben pagando" por quen non respectan as medidas, e volveu a apelar á responsabilidade da poboación. 

Baleares súmase á imposición da máscara en todos os ámbitos
comentarios