Un grafiti de Juan Carlos I, asinado polo artista lucense alcumado El Primo de Banksy, ilustra un recuncho dunha rúa do centro de Valencia.
Na imaxe, o artista retrata ao monarca tropezando e a piques de caer, nunha metáfora relacionada coa situación actual que o levou a saír de España e a pór en dúbida a monarquía.