Arquivada unha querela contra Morenés por revelación de segredos

O Tribunal Supremo arquivou hoxe unha querela presentada contra o ministro de Defensa, Pedro Morenés, que o acusaba de revelación de segredos, porque considera que non houbo delito na conduta do citado membro do executivo.

"Os feitos que se relatan non son constitutivos de infracción penal", responde o Supremo ás acusacións presentadas por Luis Gonzalo O. P., en relación cunha nota de prensa do Ministerio.

O querelante estaba afectado pola apertura dun expediente revelado polo Ministerio na nota, pero o Supremo considera que iso non supón desvelar segredos que lle afectasen.

Os feitos relatados na querela foran difundidos xa amplamente polos medios de comunicación, di o Supremo.

Comentarios